O PSOE de Mondoñedo chama a atención ao Concello ante o peche de dous meses da Casa Cunqueiro

No que se refire á Casa de Cunqueiro, os socialistas sinalan que este Museo estivo pechado durante mais de dous meses. "Concretamente dende mediados do mes de decembro de 2021, e esta mesma semana volveu a abrir as súas portas despois de estar pechado durante tódolos festivos de Nadal e Reis".


O Grupo Socialista de Mondoñedo interpelou ao Goberno Local durante a pasada sesión plenaria sobre o peche da Casa de Cunqueiro. Ademais, sumou tamén preguntas sobre a axuda económica á Asociación Edad Dorada Mensajeros de La Paz e o cumprimento da sentencia do Castro da Trinidade.

No que se refire á Casa de Cunqueiro, os socialistas sinalan que este Museo estivo pechado durante mais de dous meses. “Concretamente dende mediados do mes de decembro de 2021, e esta mesma semana volveu a abrir as súas portas despois de estar pechado durante tódolos festivos de Nadal e Reis”.

AXUDA DE 10.000 EUROS PARA O ASILO

O Grupo Socialista tamén preguntou ao Equipo de Goberno pola solicitude de axuda económica por parte da Asociación Edad Dorada Mensajeros de La Paz en referencia á Residencia para Maiores e Centro de Día San Rafael, xa que pediu axuda ao concello de Mondoñedo para financiar gasto corrente e consumos ocasionados pola COVID-19.

Segundo sinalan no decreto da Alcaldía “víronse obrigados a pechar o Centro de Dia, o que supuxo unha perda de ingresos, mantendo igualmente o emprego”. Sobre este punto, desde o PSOE de Mondoñedo sinalan que “nos avanzaron desde o Concello concedeuse unha axuda económica de 10.000 euros das arcas municipais para este fin”.

CASTRO DA TRINIDADE

O PSOE tamén manifestou a súa posición sobre a sentencia do Castro da Trinidade, que foi ditada polo xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Lugo e coa que se condena ao concello de Mondoñedo a realizar todo o necesario para excluír do catálogo de elementos culturais do PXOM de Mondoñedo ao citado Castro da Trinidade.

Desta maneira, os socialistas mindonienses interpelan ao Concello para saber cal vai ser o procedemento a seguir neste asunto.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here